Relatorio "Deseño web con software libre : Drupal" - Viveiro 2014

O vindeiro sábado 31 de maio de 2014 a Asociación Comunidade O Zulo impartirá o relatorio "Deseño web con software libre : Drupal", no marco das "Xornadas de tecnoloxía para o profesorado" organizada pola asociación APETEGA.

O contido dividirase en dúas partes: unha primeira parte teórica de 30 - 35 minutos, onde os asistentes descubrirán as principais características de Drupal; e unha segunda parte práctica  de 70 - 80 minutos na que os participantes poderán traballar directamente cun entorno Drupal.

Alberto Permuy, desenvolvedor Drupal e membro da Comunidade O Zulo, será a persoa encargada de impartir este relatorio.

APETEGA é a Asociación do Profesorado de Tecnoloxía de Galicia, unha asociación profesional sen ánimo de lucro e dentro das súas tarefas se atopa promocionar o ensino da área de Tecnoloxía no sistema educativo e programar todo tipo de actividades de formación, divulgación,...