Sinatura convenio Concello 2017 e local da asociación

Hoxe Luns, 31 de Xullo de 2017, o presidente da asociación, Alberto Permuy, asinou o convenio de colaboración co Concello de Mugardos que permitiranos realizar a maior parte das actividades planificadas para o segundo semestre deste ano.

O importe do convenio é de 1.500€, dos que recibiremos 750€ nos vindeiros días e a parte restante despois da xustificación das actividades.

Noutra orde de cousas, este mesmo mes de Xullo de 2017 asinamos o convenio de cesión dun espazo na pranta alta no Centro Socio Cultural Casas Baratas que permitirá á asociación:

  • Realizar máis e mellores actividades para promover o uso do software e cultura libre.
  • Contar cunha ubicación física que permita, de xeito libre e aberto, achegar os nosos traballos á sociedade.
  • Buscar novas sinerxias con asociacións e agrupacións culturais de Mugardos.

 

Sen lugar a dúbidas, estamos a publicar unha das mellores novas dende que comezamos as actividades no ano 2003.

Dende Asociación Comunidade O Zulo queremos agradecer ao Concello de Mugardos e aos seus traballadores e traballadores a súa colaboración e esforzo.