Sinatura convenio Concello de Mugardos 2019

Sinatura convenio Concello de Mugardos 2019

Imaxe de Green Chameleon desde Unsplash

O pasado 5 de Outubro, o presidente da asociación, Alberto Permuy Leal, asinou o convenio de colaboración co Concello de Mugardos que permitiranos realizar as dúas actividades planificadas para o segundo semestre deste ano. O importe do convenio é de 1.500€, dos que recibimos xa 750€ , e a parte restante despois da xustificación das actividades.

Nos vindeiros días publicaremos neste sitio web maís información acerca das dúas actividades; o que xa podemos adiantar 

  • I Xornada de Cociña Libre, sábado 30 de novembro de 2019 en horario de 09.00 a 18.30 horas no Local Sociocultural Casas Baratas de Mugardos
  • Xornada de Software e Cultura Libre, sábado 7 de decembro de 2019.

Dende Asociación Comunidade O Zulo queremos agradecer ao Concello de Mugardos e aos seus traballadores e traballadores a súa colaboración, traballo e esforzo.