XI Ciberencontro Concello de Mugardos - Kernel 2014

  É un pracer confirmar as datas do "XI Ciberencontro Concello de Mugardos - Kernel 2014" que se celebrará como ven sendo habitual na Casa da Cultura, os días 19,20 e 21 de setembro.

  Unha vez máis, queremos agradecer a colaboración do Concello na organización do evento, xa que o seu apoio é fundamental para que esta actividade supere se manteña e se celebre ano tras ano dende o 2003.

 Aproveitamos a ocasión para agradecer tamén o apoio dos socios e socias de @ozulo , peza fundamental para o desenvolvemento das nosas actividades coma asociación.

Ainda non temos nin definido o programa, nin patrocinios nin relatorios, pero o que si podemos avanzar e que as inscricións abriranse o día 15 de Xullo na páxina web da comunidade.