Xornada de Software e Cultura Libre

Desde o ano 2003 Asociación Comunidade O Zulo organiza a "Xornada de Software e Cultura Libre". O vindeiro día 7 de decembro de 2019 contamos coa túa presenza no salón de plenos do Concello de Mugardos.

Na edición deste ano decidimos centrar a temática na web. Interoperabilidade, mapas libres, accesibilidade e extración de contidos serán os temas dos que falaremos nuns días en Mugardos.  A entrada é de balde máis é necesario inscribirse por cuestións de control de aforo.

INSCRIBIRSE DE BALDE NA XORNADA

 

PROGRAMA

10.00 - Recepción e benvida

10.30 - Rest en tempos de Drupal - Alberto Permuy 

11.15 - Leaflet en tempos de Rest - Christian López

12.30 - Web scraping : extraer datos de sitios web - Adrián Chaves

13.15 - Accesibilidade web: creando webs para todos - Pablo Arias

AMPLIAR INFORMACIÓN