Xornada de traballo GALPon Vigo 2014 #eitsl14

O vindeiro 4 e 5 de outubro celebrarase en Compostela o "Encontro ibérico de tradutores de Software Libre a linguas minorizadas".

O encontro, segundo os obxectivos descritos na wiki do evento  "pretende acadar unha posta en común da problemática específica dos grupos de tradución do SwL á linguas minorizadas e/ou en risco de desaparición; así como iniciar unha relación de colaboración e posta en común de recursos, que axude a mellorar o rendemento e a calidade dos traballos".

Dende a Asociación Comunidade O Zulo queremos colaborar no encontro participando no desenvolvemento do sitio web. Mañá Vernes 4 de xullo, @apermuy, membro activo da asociación , participará nunha xornada de traballo cos nosos amigos e amigas de GALPon en Vigo.  O obxectivo principal é desenvolver un sitio web libre que sirva de punto partida para a difusión e inscricións dos participantes no encontro.