Patrimonio (in)visible Mugardos

Obxectivo

Pretendemos crear un mapa de patrimonio (in)visible de experiencias, lugares e sentimentos individuais e colectivos do territorio de Mugardos.

Queremos fomentar unha participación aberta para dar visibilidade a aqueles espazos, historias e sentimentos que nos unen como comunidade ou que as veces fican esquecidos e invisibles.

 

QUERO APORTAR QUERO VER O MAPA VER TÁBOA DE ELEMENTOS

 

Xornada patrimonio 2022 Mugardos

[ Imaxe de Álvaro Lamas ]

A xornada no mercado

Os mercados son un lugar de encontro e cheo de vida onde non só se intercambian produtos, senón que tamén formas de facer e vivir. Tamén son o motor da economía circular e de proximidade; un lugar onde a sustentabilidade si que é económica, social e ambiental.

O pasado 26 de novembro de 2022 celebramos no Mercado de San Telmo de Mugardos a primera Xornada de Patrimonio (in)visible cuxo obxectivo foi mapear os elementos que estás ver no mapa.

Contamos coa colaboración de Lucía Santiago, os nosos amigXs de GALPon, Asociación Bestarruza, Asociación Apelón Educación, veciños e veciñas que se achegaron a compartir e aportar. 

Xornada patrimonio 2022 Mugardos

[ Manolo, Dongil e Rafa mapeando en Mugardos - Imaxe de Álvaro Lamas ]

 

 

Agradecementos

Lucía Santiago, Miguel Rodríguez, Rafael Gaioso e Asociación Melisa, Juan Fernández e Asociación Apelón polo seu traballo e compromiso co proxecto.Germán e Tamara de Tapería Plaza, Casino de Franza, Miguel Bouzada, Isaac e tódolos amigos e amigas de GALPon, Sara e Rocío do Centro de Interpretación Caldoval de MugardosÁlvaro Lamas e Laura Baratas. Javier Cartelle e Asociación de Montaña e Escalada BestarruzaCésar Pena, Colexio Loyola, Club do Mar e a tódalas persoas que se achegaron á xornada.