Entrevista VermisLab - Obradoiro electrónica para cativos

https://www.facebook.com/vermislab

https://twitter.com/VermisLAB

E logo ti, de quen ves sendo?

VermisLAB é un proxecto educativo que explora novas posibilidades no eido da formación, co obxectivo de potenciar a creatividade e de estimular a curiosidade das alumnas e alumnos cara ás novas tecnoloxías, o deseño ou a ciencia.

Desenvolvido a través de obradoiros, actividades e campamentos altamente prácticos, realízase unha aprendizaxe baseada en proxectos reais e ponse en valor o traballo en equipo a través da colaboración, potenciando a diversión, o compañeirismo e mais as relacións pais-fillos.

En VermisLAB impulsamos a creatividade dos nosos alumnos/as dándolles plena liberdade, reforzando a autoconfianza e aceptando os erros como algo normal dentro do proceso creativo. A nosa oferta formativa está dirixida a todos os públicos a partir dos 5 anos e sen límite de idade.

As actividades que realizamos van dende impresión 3D, robótica ou ciencia ata astronomía ou bio-arquitectura. Renovámonos acotío e buscamos as últimas novidades en tecnoloxías aplicadas á educación para así satisfacermos as inquedanzas do noso alumnado.

Cóntanos cousas do obradoiro que impartiredes en Mugardos.

O obradoiro está deseñado para nenos e nenas a partir de 5 anos de idade. Non é necesario que leven material algún.

    Durante o obradoiro coñeceremos os conceptos básicos da electricidade e da electrónica facendo deseños de circuitos de baixa tensión con diferentes dispositivos electrónicos como LEDs ou Buzzers combinados con outros materiais. Esto servirá de base para que os nenos interesados podan realizar proxectos de iniciación á robótica en outros dos nosos talleres específicos.

 Os participantes aprenderán a través de exercicios prácticos creativos onde se traballará en equipo. Os materiales a utilizar serán totalmente seguros, pois serán pilas de baixa tensión polo que a ausencia de perigo está garantizada.

 

[ Vídeo da montaxe un Escornabot nun obradoiro do VermisLAB ]

Algunha recomendación para os asistentes?

Tan só que veñan con moita enerxía e ganas de pasalo ben. 

Cóntanos cousas dos vosos proxectos actuais e futuros.

Un dos proxectos de máis divulgación que organizamos é a Galicia Maker Faire http://galicia.makerfaire.com/ donde poñemos en valor a innovación en tódolos campos e creamos un espazo onde a curiosidade por facer cousas e aprender medre, tanto nos máis pequenos como nos adultos.

Coñeces Mugardos e o traballo de @ozulo?

Coñecemos Mugardos (eu Enrique son de Ferrol :)) e a asociación o Zulo 

Grazas polo voso tempo!

A vos por contar con VermisLab.