Drupal, drupal e máis Drupal

A persoa que firma estas letras non pensaba que, aínda de vir da "zona de administración de sistemas", podería quedar tan fascinado por un software e pola comunidade que existe detrás de Drupal.

Hoxe pola mañá tomando un café e repansando os RSS, leo unha breve biografía de Dries Buytaert, creador de Drupal. E curta, pero en cinco minutos tes unha idea xeral do que significa Drupal.

Durante esta fin de semán estiven programando unha "view" para que na web da Comunidade poidamos mudar de xeito case que automático os vídeos da portada. Non son un experto en Drupal. En 18 meses ninguén é un experto en nada, pero sí teño unhas claves aportadas pola experiencia e os erros cometido que poden axudar á xente que quere comenzar a crear sitios web con Drupal.