Gnome DO: o Quicksilver libre

Sinxelo, elegante, rápido e intelixente. Así  é como se presenta Do para o escritorio Gnome. Do é unha aplicación moi similar, por non dicir idéntico, a Quicksilver para o sistema operativo Mac OS X. A súa función principal é moi sinxela: ataxo de teclado para abrir aplicacións. Por exemplo, se tecleamos CRTL+ALT abríase unha caixa de texto, e só con escribir fire e posteriormemte Intro, xa se abre Firefox. Parece complexo pero é moi sinxelo, e o que é máis importante: axiliza moito o traballo diario no escritorio gnome. Na web oficial de Do podemos atopar dende o código fonte da aplicación ata versión precompilada para OpenSuSE,Ubuntu e Fedora entre outras. Se o voso sistema operativo é Ubuntu xa está incluído nos repositorios da distribución.

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

[ Pantallazo das preferencias de Gnome DO ]