Piwik: estatísticas web de código aberto

   Nos últimos días está en boca de toda a rede os problemas de privacidade de Facebook e Google Street View. Non son os únicos casos que coñecemos, e de seguro que non serán os únicos.

Google Analytics e unha aplicación "na nube" que ofrece estatísticas avanzadas webs: visitas, navegadores, paises, ISPs, palabras clave...

Hai uns meses que en podcasts, webs e blogs fálase moi ben de Piwik. Piwik e unha aplicación para gardar e procesar todos estes datos, pero que tí mesmo podes xestionar se tes acceso ó teu servidor e unha base de datos MySQL.

Xa na propia web do proxecto afirman que Piwik é moi similar a Google Analytics, e destacan entre outras, as seguintes características:

  • Licenza GPL
  • Estatíticas en tempo real
  • Deseño modular a base de plugins
  • Interfaz de usuario configurable.

Dende a páxina web pódese acceder a unha demo para comprobar o funcionamento desta aplicación.De momento na Asociación usamos Analytics, por cuestións de rendemento, xa que non podemos asegurar que o servidor poida aguantar a carga do MySQL e Drupal e máis aplicacións LAMP.

Dende aquí animar ós nosos lectores a testear piwik.