Agasallo Creando Software Libre dende Ghandalf

Coméntanos dende Ghandalf que agasallan á Comunidade cunha copia do libro Producindo Software Libre traducido ó galego, proxecto dirixido por Ghandalf:

"Estimado Presidente da Asociación Comunidade O Zulo(...)Este agasallo pretende amosarlles o noso recoñecemento pola labor que están a facer a prol do Software Libre, así como o noso agradecemento por contar coa Asociación Ghandalf para as diversas actividades que levan a cabo."

http://producingoss.ghandalf.org

Dende a Comunidade O Zulo queremos agradecer esta deferencia de Ghandalf e felicitalos polo gran traballo realizado. ¡Noraboa!