Debian 6.0 a finais de ano...

<ironia> Do proxecto de Debian podemos fiarnos de todo menos dos tempos aproximados da saída da nova version</ironia>. Aínda lembro as esperas da versión 3.0 a 3.1 , por non dicir da versión 3.1 á 4.0, que foron o máis parecido a unha carreira de "Autos Locos".

O caso e que o equipo que traballa duro na nova versión de Debian indica nas roldas de correo que a Squeeze podería estar finalizada para finais de ano. Novidades importanes son a transición de glibc a eglibc, GNOME 2.30 e KDE 4.4.3.

Estaremos atentos ás novas do proxecto Debian, pero case seguro(esperemos que non) que ata dentro de 6-8 meses non poderemos disfrutar de Squeeze.