Ciberencontro Kernel 2007

    Naceu o kernel un día fronte a biblioteca do Concello de Mugardos, cando un mozo emprendedor e coñecedor das novas tecnoloxías da comunicación e algo visionario, abordou ao representante municipal da área de mocidade. Nese momento medrou no noso Concello unha vanguarda tecnolóxica que foi facendo adeptos dentro da Comunidade O Zulo. Co amparo da infraestructura e o apoio económico da institución foron quen de organizar as Xornadas de software libre Concello de Mugardos que acadan xa a cuarta edición.
    Non quedaron aí as iniciativas, senon que conseguiron facer o ciberencontro de Mugardos «KERNEL», unha das xuntanzas informáticas máis carismáticas de Galiza, non polo seu número de participantes que limítase hoxe en día a 75 persoas, pero sí por ser unha das citas da comunidade cibernauta máis esperada e desexada no mapa das tecnoloxías e o ocio.

OBXECTIVOS
    Fundamentalmente o «kernel» constitúe un foro de encontro da mocidade mugardesa e de Galiza para o disfrute dun espazo informático común, onde compártense experiencias, coñecementos, xogos e lecer.

AMBITO DE ACTIVIDADE
    Esta actividade foi medrando ano tras ano e hoxe en día participan persoas de 16 a 60 anos, de Mugardos, da comarca e tamén de Galiza. Maiormente a media de edade sitúase en torno os 24 anos.

DESENVOLVEMENTO DA ACTIVIDADE
    A actividade ten unha duración de 48 horas continuadas que desenvoleríase este ano os días 21, 22 e 23 de setembro, comezando ás 17:00 horas do venres e finalizando ás 18:00 horas do domingo 23 de setembro.

Datas de celebración
21, 22 e 23 de Setembro de 2007
Participantes
64
Patrocinadores
MYC, Telefónica, Calsomatu S.L, EIMAN
Conexión a Internet
5 ADSL de 8Mbps + 1 ADSL de 2 Mbps
Arquivo
Programa

VENRES

    • 17:00 Apertura Portas.Inicio Party

    • 20:00. Recursos Kernel 2007. Qué facer no Kernel 2007.

    • 22:00. Campionatos PES5 e CallOfDuty2.

    • 00:00. Proxeccións audiovisuais.

SÁBADO

    • 08:30. Desayuno

    • 10:00. Campionatos PES5 e CallOfDuty2

    • 12:00.Recursos Kernel 2007.

    • 12:30. Apertura FTP.

    • 16:00. Campionato de Lanzamento de Hardware.

    • 19:00.Charla Andres Díaz "Seguridade no correo electrónico".

    • 21:00. CIBERCEA

    • 00:00. Proxeccións Audiovisuais.

DOMINGO

    • 12:00. Concurso Fotografía " A mellor foto do Kernel 2007."

    • 18:00.Despedida.