Ciberencontro Kernel

O “Ciberencontro Kernel” foi unha reunión de amigos e amigas das novas tecnoloxías que se celebrou anualmente no mes de Setembro desde 2004 ata 2015 na vila de Mugardos. Na Casa da Cultura do Concello de Mugardos e ó longo de tres intensas xornadas, os asistentes participan en diversas actividades tales como:

  • Campionatos de fotografía dixital.
  • Campionatos de lanzamento de hardware e gymkana.
  • Campionatos de videoxogos libres: Assault Cube
  • Relatorios relacionados co software e a cultura libre: Postfix, Drupal, Ubuntu Linux, Galpon Minino...

A relación do “Kernel” co software libre e incuestionable. Toda a infraestrutura de rede corre baixo aplicación de código aberto: dhcp(dhpcd), proxy(squid+iptables), dns(bind), intranet(drupal)...etc.A montaxe do evento é unha festa colaborativa onde cada persoa que desexe participar na posta punto da rede ten un espazo. Xente de distintos gremios e vilas da comarca achéganse á montaxe, facendo destes día previos, unha extensión do “Ciberencontro”.

Os obxectivos principais do “Ciberencontro Kernel” son:

  • Achegar as novas tecnoloxías a toda a sociedade, sen discriminzación de idade, sexo ou gremio.
  • Promover o uso do galego.
  • Difundir o software libre.

    Como ven sendo tónica xeral neste tipo de eventos, a medida que se van celebrando edicións, o interese medra. Pasamos de 22 participantes na primeira edición de 2004 a un cheo total no recinto chegando ata os ¡69 inscritos! A procedencia dos asistentes cada ano é maís diversa, achegándose ata a vila dende Vigo, A Coruña, Cambre, Pontedeume, Foz , Ferrol, Fene, Ares, Santiago de Compostela, Pontevedra, Ames e incluso dende Euskadi.